O PSdeG-PSOE de O Porriño solicita no Pleno o respaldo para solicitar á Xunta a restitución do servizo de nutrición e dietética
• Este servizo posto en marcha en decembro de 2022 remata o 28 deste mes, logo dunha prórroga da Xunta de seis meses e que agora pasa de 94 a 45 prazas en nutrición
Agrupación do PSdeG-PSOE / O Porriño
A agrupación socialista do Porriño solicitará no Pleno de febreiro, que terá lugar o luns 24 ás 09.00 h da mañá, que dende o Concello se solicite á Xunta de Galicia que o Centro de Saúde do Porriño manteña o servizo e atención de nutrición e dietética aos doentes como ata a data, sen engadir criterios de selección que xa comezaron a instaurar e que deixarán a moitos dos nosos veciños sin atención especializada.
Deste xeito, dende o PSdeG-PSOE reclámaselle a Xunta de Galicia a restitución das 49 prazas de nutricionistas que rematan contrato o 28 de febreiro e que levanten a restricción para a remisión de doentes derivados a este servizo.
A introdución na sanidade pública destes especialistas reduce notablemente a carga de traballo dos médicos de familia e enfermeiras, alixerando tamén os tempos das citas de atención primaria. Nestes dous anos, os nutricionistas colaboron tamén con facultativos de especialidades como endocrinoloxía, xinecoloxía, uroloxía oo cardioloxía.
E que máis alá de controlar baixadas de peso, tamén atenden a persoas que precisan cambios na súa alimentación por padecer de diabetes, niveis altos de colesterol, hipertensión, intolerancias alimentarias ou patoloxías dixestivas que impliquen cambios dietéticos. Ademáis ofreceron obradoiros e charlas de educación nutricional e promoción de hábitos saudables a colectivos específicos, ensino e poboación en xeral.
O Sergas, logo de renovar seis meses o contrato dos 94 nutricionistas nas distintas áreas sanitarias galegas cando estaba a piques de rematar o programa establecido en decembro de 2022, agora que esta renovación remata so activou 45 prazas.
A concelleira socialista, Sthela Mª Táboas explica que “a lóxica á hora de implementar un servizo sería a de comezar cun número reducido de profesionais e, logo de comprobar que foi tan ben acollido, aumentalos según a porcentaxe da demanda acadada. Pois non, a Xunta faino ao revés xa que na comeza o servizo con casi 100 profesionais repartidos entre as catro provincias galegas, e logo redúceos ao 52%”.
Deste xeito, a área sanitaria de Vigo pasa de contar con 16 nutricionistas na Atención Primaria a 7, nos que se atopa a dietista que consultaba en O Porriño, dous días á semana, dous en Mos e un en Salceda. “Agora, co recorte en prazas que fixo o Sergas, en O Porriño somentes ofrecerá unha cita semanal e xa non poderán acudir doentes dalgunhas patoloxías, xa que tamén se reducen os parámetros e criterios para derivar ao servizo de nutrición e dietética”, subliña Sthela Mª Táboas.
Dende o PSdeG-PSOE contemplamos con incredulidade como a Xunta de Galicia se engalana con anuncios coma os orzamentos da Consellería de Sanidade máis altos da historia da Autonomía con 266 millóns de euros máis que no 2024, cando o único que percibimos son recortes en sanidade xa que, se ben é certo que se fixo unha ampliación do Centro de Saúde, de qué lle sirven aos doentes os medios materiais, si non contamos con suficientes profesionais sanitarios no mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario