QUEREMOS GALEGO CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN O 23F BAIXO O LEMA LINGUA VITAL XA!
• Autobuses desde A Guarda con paradas en todos os concellos do Baixo Miño
Redacción / O Baixo Miño
A manifestación convocada por Queremos Galego o próximo domingo 23 de febreiro sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 h e rematará na Praza do Obradoiro, onde está previsto un acto musical. A plataforma de defensa da nosa lingua anima á cidadanía a transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, o día de Rosalía, reclamando Lingua Vital Xa!.
No Baixo Miño sairán autobuses desde A Guarda con paradas en todos os concellos do Baixo Miño. As persoas que desexen utilizar este servizo para acudir á manifestación poden facelo chamando ao teléfono 986 610 465.
O voceiro da Plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira denunciou un “pacto do enterro do galego” fronte ao que a cidadanía está a reaxir, “co impulso á vida do noso idioma, vital para o noso pobo”. Maceira sinalou que “os poderes públicos teñen a obriga de garantir a nosa lingua en todos os espazos e para todos os usos, pero a realidade e que a actuación da Xunta de Galiza vai en sentido contrario. Os datos de uso e coñecemento do galego que ofrece o IGE evidencian o estado de emerxencia lingüística extrema ao que chegamos. Lonxe de correxir esta situación a Xunta de Galiza anda a procura dunha lei que abre a porta a que a TVG deixe de usar a nosa lingua ou non contemplan ningunha medida para asegurar o uso do galego nun proxecto de lei de intelixencia artificial”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario