Formidable actuación de Damián Alonso Alonso no Campionato do Mundo de remo ergómetro
• Proclamouse campión do mundo na distancia de 2.000m.
Redacción Deportes / A Guarda
O remeiro Damián Alonso Alonso (A Guarda, 1982) vén de protagonizar unha formidable actuación en remo ergómetro, logrando un rexistro de 06:30.5, que lle valeu o campionato do mundo - celebrado de xeito virtual en Lausanne (Suiza) - na distancia de 2.000 m.,
Foi así, como grazas a seu esforzo e súa resiliencia, quitouse a espiña de non haber logrado fai unha semana, o subcampionato do mundo na distancia de 500 metros, nunha proba celebrada tamén en liña. Un erro informático, debido - segundo á organización - a un "fallo de conexión", que privouno da medalla de prata.
O seu máis inmediato rival na regata dos 2.000 m, foi o portugués Nuno Coelho, que con un crono de 06:30.6, logrou a medalla de prata; e a medalla de bronce foi para o finés, Pekka Lensu, con un tempo de 06:34.6.
Deste xeito no seu palmarés, o deportista guardés xa suma 16 metais en campionatos mundiais: 6 ouros, 4 pratas e 6 bronces.
Ademais, tamén atesoura 10 ouros, 4 pratas e 3 bronces nos campionatos de Europa.
Ghrande, Damián!
Ningún comentario:
Publicar un comentario