21 de feb. de 2025

A GUARDA

O Entroido 2025 da Guarda trae unha programación enfocada nos máis pequenos  

 Co Desfile Escolar, o venres 28 de febreiro, ás 11:30 horas, comezará á entroidada

 


Infogauda / A Guarda  

 A Guarda inaugurará o Entroido 2025 co Desfile Escolar o próximo venres 28 ás 11:30h, cando preto de 400 escolares da localidade tomen as rúas da vila para amosar os seus mellores disfraces.   

 Durante a fin de semana continuará a programación na Alameda. O sábado haberá noite  de picadiscos con Axel, Matt, Joan Roca e Diego Mariño. 

 A tarde de domingo arranca co espectáculo de clow infantil “A vida tola de Pajarito”, quen fará participar ao público e transeúntes coas súas tolemias.   

 Despois, a charanga Cantos Somos amenizará o resto da tarde de domingo. 

 O luns e martes de Entroido temos as tardes completas de actividades para desfrutar na Alameda. O luns 3 haberá xogos populares na Alameda, mentres que o martes 4, haberá festa de Entroido e Baile de Disfraces con pintacaras, globoflexia e búsqueda do tesouro. 

 O prato forte chegará o venres 7 de marzo co Desfile de Entroido. Este sairá ás 20:30h da rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a rúa Galicia ata rematar na Alameda. Alí, comezará a festa con Darío GZ, Adrián Mesu, Christian Pereira e DJ Charlie.  

 En caso de chuvia, o Concello de A Guarda proporá unha nova data para a celebración do desfile.  

 Por todo iso, ide preparando os vosos mellores disfraces, que chega o Entroido 2025!

Ningún comentario:

Publicar un comentario