A Deputación de Pontevedra vai inaugurar este venres no Palacete das Mendoza, a exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard
• A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de marzo
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra vai inaugurar este venres 28 de febreiro no Palacete das Mendoza a exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard. A mostra estará dispoñible ata o 16 de marzo na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
O artista vigués Gonzalo Sellés Lenard invita nas súas obras ao espectador a unha dobre observación empírica e física e, a través das súas pinceladas, meticulosas, busca representar o intanxible, capturando o tempo de forma física. A súa obra oscila entre a abstracción e a figuración, mostrando figuras identificables como pétalos ou follas, mentres aborda ideas tanxibles propias da abstracción. Na serie “Fuzzy”, que presenta nesta mostra, tamén pon sobre a mesa unha ruptura coa concepción clásica da arte, imitando a natureza de maneira non coherente.
Os horarios de visita da exposición “Desigual” de Gonzalo Sellés Leonard no Palacete das Mendoza a partir do venres serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario