A OMIX de A Guarda abriu o prazo para inscribirse na Escola de Patinaxe
• A actividade comezará en marzo e desenvolverase ata o mes de maio no pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda trae este ano unha nova actividade para os nenos e nenas de 5 a 16 anos.
O prazo para a inscrición na Escola de Patinaxe xa está aberto a través do formulario: https://forms.gle/VVaBeRn9gjmXPo2N9
A actividade comezará en marzo e desenvolverase ata o mes de maio no pavillón do CEIP Manuel Rodríguez Sinde. Haberá dous grupos todos os venres. O primeiro de 18:30 a 19:30 horas; e o segundo de 19:30 a 20:30 horas.
Hai prazo ata o día 24 de febreiro para cubrir formulario e comezar a gastar roda patinando.
Para máis información, as persoas interesadas poden escribir a informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario