27 de feb. de 2025

A GUARDA

Xa está dispoñible a colección de cromos do Mecalia Atlético  Guardés 

• O club sacou un álbum de cromos para completar coas xogadoras de tódalas súas categorías dende sénior ata base 

• Cada álbum pode recollerse de balde nun dos puntos de venda de cromos na Guarda: a libraría Ideas; o café bar Barros; a academia Your English Corner; a tenda de lambetadas Caprichos; o estanco Altamar e a oficina do club 

• Mecalia Atlético Guardés celebra o seu lanzamento cunha oferta limitada especial de 23 sobres por 25 euros sen cromos repetidos 


Xogadoras da DHF do Mecalia Atlético Guardés na presentación do álbum de cromos
Foto: M.A.G.

Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés xa pode coleccionarse. Da man da empresa Cromogal, o club vén de sacar o seu propio álbum de cromos a completar coas tarxetas de tódalas súas xogadoras e xogadores, dende o equipo de División de Honra Feminina ata a derradeira categoría da súa base. Os álbums poden recollerse de xeito gratuíto xa nos cinco puntos de venda de cromos na Guarda, ademais de na oficina do club. 

 Así, xa están dispoñibles estes álbums de cromos do equipo a recoller en cinco comercios da Guarda: a libraría Ideas; o café bar Barros; a academia Your English Corner; a tenda de lambetadas Caprichos; e o estanco Altamar, así como a propia oficina do Club Balonmán Atlético Guardés. Cada álbum é de balde e poderá completarse con sobres de cromos que poden adquirirse nos mesmos puntos de venda a un prezo de 1,20 euros a unidade. 

 Para celebralo, o equipo lanzou unha oferta especial de lanzamento: 23 sobres por 25 euros, asegurando que ningún dos cromos estará repetido. Do mesmo xeito que o álbum de balde e os sobres individuais, pode adquirirse nos puntos de venda mencionados. 

 Animamos a tódolos afeccionados e afeccionadas do club a sumárense á colección. Haberá premios e sorpresas para todas aquelas persoas que logren completar o álbum. As nosas xogadoras xa o están a desfrutar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario