24 de xan. de 2025

VIGO

A CIG-Saúde reclama o uso sanitario do edificio da cafetaría do antigo Hospital Xeral de Vigo 

 Lembra que nestes momentos a área sanitaria ten condicionado a labor asistencial pola escaseza de espazos físicos dentro dos inmobles do Sergas 


A CIG-Saúde reclama o uso sanitario do edificio da cafetaría do antigo Hospital Xeral
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG-Saúde reclama o uso sanitario do edificio da cafetaría do antigo Hospital Xeral, inmoble que segue a estar no ámbito de uso da Consellaría de Sanidade e que ten sido obxecto de distintas propostas de habilitación para distintos usos de carácter asistencial. 

 Dende a central sindical lembran que nestes momentos a área sanitaria ten condicionado a labor asistencial pola escaseza de espazos físicos dentro dos inmobles da propiedade do Sergas. En concreto, a CIG-Saúde ten proposto alternativas como acoller fisioterapia de Atención Primaria, que conta con listas de espera que superan, de xeito habitual, o ano.  

 As propias persoas traballadoras do servizo público de saúde teñen solicitado mudar a instalación do servizo de radioloxía de Taboada Leal para este espazo, “dado que o lugar que ocupa actualmente ten grandes carencias”. 

 Por iso a central sindical, ante a posibilidade de que se establezan outros usos non sanitarios, urxe a Consellería a habilitar ese espazo “para un uso sanitario que dea resposta ás necesidades asistencias da nosa área sanitaria”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario