3 de xan. de 2025

OIA

A Cabalgata de Reis de Oia adiántase 

E será este sábado, 4 de xaneiro



Infogauda / Oia

 O Concello de Oia informa de que, debido as previsións meteorolóxicas, a tradicional Cabalgata de Reis adiántase ao día 4 de xaneiro, cando as Súas Maxestades de oriente chegarán ao municipio para visitar todas as parroquias e saudar á rapazada.  

 Se ben o percorrido estaba previsto para o domingo 5, finalmente Melchor, Gaspar e Baltasar e a súa comitiva adiantarán a súa visita ao sábado 4 de xaneiro. Durante a xornada percorrerán distintos puntos de Oia deténdose a saudar aos nenos e nenas que queiran achegarse a algunha das paradas programadas.  

 O percorrido e horarios non cambian respecto dos inicialmente previstos, sendo os seguintes: 11.00 A Portela; 11.30h Mavia-Santa Comba; 12.00 Acevedo; 12.30h. Praza de Loureza; 13.00h Praza de Burgueira; 13.30h Praza de Torroña; 15.00h Centro Cultural de Viladesuso; 15.30h Centro Cultural de Pedornes; e 16.15h Baixada ao Mosteiro, punto no que a comitiva real estará acompañada pola rondalla de Mougás. A continuación, haberá canto de panxoliñas na igrexa parroquial de Santa María de Oia e tamén se realizará a entrega de premios das postais da catequese.   

 Posteriormente, ás 17.15h os Reis Magos chegarán ao CEIP Mestre Manuel García onde haberá agasallos, chocolatada e animación infantil. A fin de festa, como vén sendo tradicional, será no Centro Cultural de Mougás a partir das 19.00 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario