3 de xan. de 2025

TOMIÑO

Tomiño abre o prazo para apuntarse no programa de termalismo do IMSERSO 

 Para poder participar é necesario ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente da Seguridade Social do Estado 


Palacio da auga, de Mondariz Balneario
Foto: Cedida

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño mantén aberto o prazo para apuntarse ao Programa de Termalismo Social do IMSERSO 2025, dende o día 9 de decembro pasado.  

 Segundo o BOE (Boletín Oficial do Estado), o requisito fundamental para poder ser beneficiario deste programa, é que as personas residan en España, e que, ademáis, reúnan alguna das seguintes condicións:  

1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español. 

2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español. 

3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español. 

4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Prazos de presentación  

 Como vén sendo habitual, haberá varias quendas para asistir aos balnearios. Así, para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive, o prazo estará aberto ata o día 9 de xaneiro de 2025.  

 Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2025.  Para a inclusión na lista de agarda (co fin de cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias):  

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2025. 

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2025.   

Máis información:  

Departamento de Servizos Sociais (Edificio do antigo centro de saúde. Barrio da Rocha) ou chamando ao teléfono 986 623 211.

Ningún comentario:

Publicar un comentario