Receita perfecta para a tarde de Reis co espectáculo familiar ‘Máis saaabor!’
• Cita este 5 de xaneiro ás 17.00 h na praza do Calvario
Infogauda / O Rosal
O vindeiro 5 de xaneiro a praza do Calvario converterase nun gran escenario para recibir o food truck máis divertido e saboroso de Galicia, ‘Máis saaabor!’, un espectáculo cómico e musical pensado para o público familiar que promete deixar un bo sabor de boca como antesala perfecta para a esperada recepción aos Reis Magos.
Este espectáculo, protagonizado por Fran Rei e Félix Rodríguez, mesturará música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público para ofrecer unha experiencia inesquecible. Nel, dous recoñecidos chefs, ofrecerán ao público un gorentoso e equilibrado menú, unha comida moi musical para toda a familia nunha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade.
Ao longo de 65 minutos, ‘Máis saaabor!’ trae ao Calvario unha gastrofurgo de grandes dimensións do que xurdirán infinidade de actividades cómicas, xogos máxicos e unha che ade elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e con gañas de repetir.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza “a gozar desta actividade perfecta para pasar un bo rato antes de recibir aos Reis Magos e vivir unha tarde chea de risas, ilusión e alegría”. O espectáculo comezará ás 17.00 horas e, ao seu remate, procederase á recepción oficial aos Reis Magos. Ademais, haberá pintacaras e chocolate quente para as persoas que o desexen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario