O Concello de A Guarda aumentou as prazas de aparcamento dos taxistas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda levou durante estas semanas unha obra na rúa Domínguez Fontela co obxectivo de aumentar as prazas de aparcamento dos taxis.
Desde o goberno municipal refiren que "os taxistas guardeses reclamaban máis espazo para os seus vehículos, xa que só podían aparcar sete taxis das oito licenzas que existen na vila.
As obras levaron a cabo a eliminación de parte da beirarrúa que provocaba unha separación na zona reservada aos taxis; deste xeito, agora poderán ofrecer este servizo público sen limitación no espazo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario