A charla ‘E ti, coñeces a fórmula?’ busca potenciar e dar a coñecer o cooperativismo
• A actividade celebrarase o xoves 27 de febreiro, de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda acollerá o xoves 27 de febreiro a charla “E ti, coñeces a fórmula?”, en colaboración coa Rede Eu Sumo e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO).
Esta sesión formativa quere dar a coñecer as posibilidades e vantaxes do cooperativismo, sobre todo, como forma de emprendemento, rompendo os mitos que existen ao seu redor. A charla será participativa e activa por parte dos asistentes e contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
A actividade celebrarase de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Plenos e está dirixida a todas aquelas persoas que teñan interese en coñecer a fórmula cooperativa. As inscricións xa está abertas a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfcKv5uZkmiAr9zzVntNzufwYdDy2I2jo12mBUFfDF0rmXMJA/viewform
Para saber máis pódese enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 610 000 (extensión 7).
Ningún comentario:
Publicar un comentario