30 de xan. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO 

Álex Sierpes Pereira participará no European Champion Clubs Cup

 Este domingo, día 2 de febreiro,  ás 10.30 horas, na categoría júnior Sub20 masculina 


Álex Sierpes Pereira coa medalla de prata, de subcampión de España de cros, na categoría Sub18 masculina, que logrou este mes de xaneiro de 2025, no circuito de Cerro de los Ángeles (Getafe)
Foto: Cedida

Redacción Deportes / A Guarda

 O atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, estará esta fin de semana no Algarve (Portugal), para participar na Copa de Europa de Clubs de Campo a través, representando as cores do Vicky Foods Athletics. 

 O equipo valisoletano estará na 60 edición Taça dous Clubs Campeôes Europeos de Curta Matogueira, evento que estará organizado pola Associação de Atletismo do Algarve, avalado pola Federação Portuguesa de Atletismo e da European Athletics. 

 Dita competición vaise celebrar na localidade de Albufeira (Portugal), no circuíto de cros situado na Aldeira das Açoteias, integrado no calendario do circuíto World Athletics Cross Country Tour co selo Gold level (nivel ouro). 

 Dese xeito o Algarve acollerá un ano máis, unha das competicións máis antigas e importantes do mundo na especialidade de cros. 

 Álex Sierpes integrante e reforzo esta tempada 2025, pecha o equipo de Valladolid, onde axudará ao potente grupo composto por Kuma Samuel Barrios, Soufien Isam Sbaiti e Keno García Rodríguez. 

 O atleta de A Guarda tentará facer un bo papel por puntuación de equipo. A cita será este próximo domingo día 2 de febreiro ás 10.30h, e está englobada na categoría júnior Sub20 masculina. Terá que percorrer unha distancia de 5.620 metros, dando tres voltas grandes, de 1.830 metros cada unha. 

 Desexámoslles moita sorte aos mozos do equipo valisoletano e tamén agradecer ao Vicky Foods Athletics por confiar no neno prodixio do Baixo Miño, a pesar da súa precoz participación na categoría, e así ter a oportunidade de gañar experiencia neste tipo de campionatos.

 Sorte Álex, merécescho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario