‘De algo hai que morrer’ promete risas
• Este venres 31 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural. Entrada de balde
Infogauda / A Guarda
Este venres 31 de xaneiro, ás 21:00 horas, o salón de actos do Centro Cultural, acollerá a representación dunha obra de teatro: “De algo hai que morrer”.
Trátase dun espectáculo con moito humor, reflexionando dun tema transcendental para o ser humano: a morte.
Dous prestixiosos e peculiares científicos, o doutor Jeckill e o señor Hyde, asesorarán sobre temas prácticos como negociar coas funerarias ou pasar a proba para converterse en espírito, pantasma ou zombi.
Este espectáculo de Malasombra Produccións, con entrada de balde, chega da man de “+ESCÉNICAS”, o circuíto da Deputación de Pontevedra de apoio á programación de artes escénicas en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario