16 de xan. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda organiza unha nova saída para asistir ao teatro en Santiago de Compostela 

 

Escea da obra “Nada se sabe”
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda 

 O vindeiro xoves 6 de febreiro, ás 18:00 horas, as persoas veciñas de A Guarda están convidadas novamente a asistir ao teatro en Santiago de Compostela. Desta volta os asistentes desfrutarán da última coprodución do Centro Dramático Galego con Culturactiva.  

 A obra “Nada se sabe”, dirixida por Ignacio García, aborda a tema da discapacidade, cuestionando sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza que facemos como sociedade. Conta a mitoloxía que Filoctetes, un dos heroes gregos que formaban parte da expedición a Troia, foi mordido por unha serpe.   

 O fedor da ferida envelenaba o aire e os seus berros atormentaban aos seus compañeiros, que decidiron abandonalo na illa de Lemnos. Dez anos despois, sabedores de que, tal como dicía unha vella profecía, non se podía conquistar Troia sen a axuda do arco de Filoctetes, deciden ir buscalo á illa.  



 Para acudir a esta cita teatral, un bus sairá ás 14:45 horas, da rúa Rosalía de Castro (Centro Cultural), con previa inscrición no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScxzVhOQDDPRkjZgduhSQraan57lzvxtS8ZwGztE3wpzO6lAA/viewform 

 A actividade ten un custe total de 5€ por persoa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario