9 de ago. de 2024

VILA NOVA DE CERVEIRA

Festa da História’ 24

Cerveira acolhe a maior reprodução já vista da Era Viking   

  



Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Os Vikings vieram mesmo para ficar! A boa experiência e acolhimento dos dois anos anteriores não só confirmam o seu regresso a Vila Nova de Cerveira, como acrescentam mais um dia à estadia. De 14 a 18 de agosto, Cerveira revive a Era Viking, convidando a degustar a cozinha da época, a dançar as suas sonoridades, a aventurar-se em passeios de cavalo, a assistir a torneios típicos, a experimentar ofícios e muito mais. São cinco dias de convívio em ambiente familiar, com atividades previstas a cada 30 minutos/1hora, mais de 200 mercadores e muitas novidades que prometem surpreender.     

 A integrar o roteiro das melhores feiras medievais de Portugal, a Festa da História de Vila Nova de Cerveira demarca-se por introduzir elementos novos e diferenciadores em cada edição, e 2024 não é exceção. Logo à entrada da vila, instala-se o Acampamento Viking - parque junto ao Arquivo Municipal e Baluarte de Santa Cruz -, com mais 3.500m2, do que em 2023. Aí, é possível usufruir de várias experiências, nomeadamente das iguarias viking, cozinhadas como na época, ou de torneios e ofícios variados.    

 As novidades não se ficam por aqui, e aos já habituais passeios de Barca Viking (com embarque no Cais do Rio Minho), a Era Viking’24 acrescenta Passeios a Cavalo (no Baluarte de Santa Cruz), momento de aprendizagem e de aventura para explorar a vasta área desta feira. Para os mais entusiastas por esta época, haverá uma tenda de aluguer de trajes vikings, podendo usufruir de toda a programação vestidos a rigor, encarnando o espírito da Era Viking.     

 De resto, mais de 200 mercadores de diferentes áreas marcam presença neste certame, cujos cinco dias são totalmente preenchidos com atividades. A cada meia hora ou 1hora há sempre algo a acontecer e a chamar a atenção dos visitantes. Para além da diversificada animação de rua itinerante, há um conjunto de torneios para todos os gostos, nomeadamente de tiro com arco, de tablut, de armas de arremesso (machados e lanças), do jogo do moinho, o torneio apeado e o torneio a cavalo. Acrescentam-se oficinas diversas, momentos musicais e de dança; voos de ave rapina e acrobacias aéreas; assim como espetáculos de fogo e artes circenses com fogo – Malatitsch.     

 A abertura da Festa da História’24 está agendada para as 18h00, do dia 14 de agosto, com Arruada de Música e Malabares, sendo o Cortejo Viking um dos grandes destaques deste primeiro dia (21h30). O certame viking prolonga-se até domingo, 18 de agosto, com abertura às 10h00 e encerramento às 24h00, com exceção do último dia que fecha uma hora mais cedo.     

 Festa da História 2024, da grande expetativa à experiência única!     

 Programa completo.

 Mapa do evento

A GUARDA

GRAN VELADA DE BOXEO

Homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel

Xoves, 15 de agosto de 2024, ás 8 da tarde, na pavillón municipal A Sangriña





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O boxeo volta á vila de A Guarda, localidade na que ese deporte sempre contou con adeptos, motivo polo cal, ao longo de moitos anos, co gallo das Festas do Monte Santa Trega, acostumaba incluirse na programación das mesmas, unha velada. Con todo, como queira que pasaron bastantes anos, nos que esa tradición non tivo continuidade no tempo, a Comisión de Festas do Monte, 2024, recupéraa. 

 Dese xeito, coa colaboración do Concello de A Guarda, o vindeiro xoves día 15 de agosto, ás 8 da tarde, no pavillón  municipal A Sangriña, haberá unha gran velada de boxeo. Será en homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel.

 Haberá 6 combates a 3 asaltos, de boxeadores neo-profesionais.

 E ademais, no ecuador da velada, subirán ao cuadrilátero as vellas glorias e ofrecerán unha exhibición. 

 Os prezos das entradas son os seguintes: cadeira 15 euros; grada 10 euros.

 Vai ser, con certeza, un evento deportivo no que os afeccionados ao boxeo vai ter unha magnífica oportunidade de presenciar de preto a Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel. Tres deportistas de brillante palmarés no mundo do boxeo, e ao mesmo tempo, tres persoas que saben, por experiencia persoal, que para acadar éxitos deportivos ou en calquer outro ámbito da vida, é necesario sacrificarse. Sen esforzo non se logran os obxectivos.

O ROSAL

O Concello do Rosal denuncia a suba do canon de Sogama por parte da Xunta de Galicia e o seu modelo ineficiente de xestión    

A subida do canon de Sogama impulsada pola Xunta de Galicia suporá un aumento do custo para a veciñanza de preto de 40.000 euros   


Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal  

   “O Concello do Rosal amosa a súa oposición ante a recente proposta da Xunta de Galicia de incrementar nun 33,3% o canon de Sogama para o tratamento de residuos. Este aumento suporá un incremento de preto de 40.000 euros no custo para os veciños e veciñas. 

 A realidade amosa e demostra que o modelo de xestión de residuos que a Xunta leva anos defendendo e executando a través da xestión de SOGAMA non só é ineficiente e insostible medioambientalmente co incumprimento recorrente dos obxectivos europeos na xestión de residuos por parte da Comunidade Autónoma, senón que agora esta xestión ineficiente da Xunta vai supoñer un incremento económico tamén para os veciños e veciñas co aumento que o organismo autonómico acaba de aprobar do canon de SOGAMA. Fronte a esta situación, desde o Concello seguiremos a traballar como ata o momento nun modelo de xestión alternativa dos residuos fomentando a compostaxe, tanto comunitaria no núcleo urbano como individual nas zonas rurais. Vimos de adquirir recentemente outros 90 composteiros individuais.   

 Ó longo das últimas semanas sucedéronse unha serie de incidencias na recollida que provocou a acumulación de lixo nas rúas, que mais alá do que supoñen estes problemas puntuais na recollida o que se demostra unha vez mais é  a ineficacia do modelo totalmente obsoleto que defende a Xunta de Galicia. 

 Ante a realidade descrita, o Concello do Rosal reitérase na súa postura contraria ao proposto pola Xunta de Galicia, e demándase unha resposta inmediata ante esta situación que afecta directamente aos veciños e veciñas da comarca. 

TOMIÑO

O Concello de Tomiño denuncia a subida dun 33.3% do canon de Sogama e a deficiencia no servizo de recollida de residuos   

A subida do canon de Sogama impulsada pola Xunta de Galicia suporá un aumento de máis de 90.000 euros para os veciños e veciñas de Tomiño.  

Dende o Concello de Tomiño promoverase un novo modelo de xestión dos residuos baseado no tratamento local e no cumprimento das normativas ambientais.  

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño quere expresar a súa profunda preocupación e rexeitamento ante a recente proposta da Xunta de Galicia de incrementar nun 33,3% o canon de Sogama para o tratamento de residuos. Este aumento suporá un incremento de máis de 90.000 euros anuais, como mínimo, no gasto para os veciños e veciñas de Tomiño. Sogama ven de comunicar aos concellos galegos que este ano aplicará un canon de 88€/t pola xestión dos residuos, cando o ano pasado era de 66€/t. Este canon será de aplicación no 2024 e non se sabe cal aplicarán no 2025, aínda que se prevé que continue incrementándose.  

 Este incremento de costes de Sogama para os Concellos evidencia o fracaso do modelo impulsado pola Xunta desde hai 25 anos. Un modelo centralizado que está baseado na necesidade de alimentación da central incineradora de Cerceda con toneladas de residuos, incumprindo as normativas europeas de reciclaxe e que non fomenta o tratamento local dos residuos. Por todo isto, dende o Concello, tal como manifesta a Alcaldesa, Sandra González, “estamos a traballar nun novo modelo da xestión dos residuos que comezará a implementarse no 2025 e que terá como obxetivo a reducción ao mínimo dos envíos a Sogama. É fundamental un cambio de paradigma para garantir a sustentabilidade económica e ambiental do servizo”. 

 Alén diso, dende o goberno municipal sinalan a deficiencia no servizo de recollida de residuos que presta Sogama ao longo das últimas semanas, toda vez que limitou a descarga dos residuos recollidos en Tomiño nas súas plantas de transferencia do Rosal e do Porriño. A situación destas plantas está provocando atrasos na recollida e acumulación dos residuos nas rúas, o que non só supón un aumento da insalubridade senón tamén un incremento nos custos operativos para o Concello e para a empresa que presta o servizo. 

 Por todo isto, a alcaldesa ven de enviar unha carta de queixa á Xunta de Galicia esixindo a solución inmediata da mencionada problemática e manifesta que “hai un deterioro evidente na calidade do servizo que é resultado dunha ausencia de planificación e de boa xestión, unha situación que é aínda máis preocupante cando se está anunciando de xeito paralelo o seu encarecemento”. 

TUI

O sábado 17 celebrarase a Festa Gastronómica

Trece asociacións culturais serán as encargadas de presentar os pratos da gastronomía tradicional dende ás 20:00 horas, na rúa Compostela  




Infogauda / Tui

 Tui prepárase para vivir dentro dunha semana, o próximo sábado 17, a Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño. Trece asociacións tudenses serán as encargadas de presentar unha ampla e variada oferta gastronómica centrada na nosa cociña tradicional aínda que tamén haberá oco para a innovación. A partir das 20:00 horas, a rúa Compostela transformarase nun gran recinto feiral para acoller as miles de persoas que cada ano acoden á festa.  

 Neste 2024 as asociacións participantes serán Aloia, de Pazos de Reis; Cristo da Agonía, de Baldráns; Darraia, de Tui; Laxes, de Paramos; Lembranzas da Terra, de Guillarei; O Mosteiro, de Pexegueiro; Paramos, San Bartolomé, San Fins, de Rebordáns; Santa Columba, de Ribadelouro; Seixos Albos, de Areas; Traxe de Tui; e Xuntanza, de Randufe.  

 Na festa non faltará a animación co Circo Krasnovarak ás 20:00 h; Fanfarria Taquikardia ás 21:00 h e Festicultores ás 22:30 h. 

  Así gastronomía, animación e música daranse a man, dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.

TUI

Tui consolídouse coma referente cultural no mes de xullo, cunha ampla e diversa programación 

Miles persoas gozaron ao longo do mes dos eventos realizados protagonizados pola música 




Infogauda / Tui

 Tui consolidouse no mes de xullo coma un dos referentes culturais da zona grazas á ampla e diversa programación desenvolvida ao longo do mes que reuniu a miles de persoas. O público aplaudiu este programación “Tui, verán na rúa” celebrada en distintos escenarios coma a praza de san Fernando, o Paseo Fluvial, o parque do Laxal, o terreiro de festas de Guillarei, o Paseo da Corredoira, a igrexa de san Domingos ou o Teatro Municipal de Tui.  

 A música foi a gran protagonista desta programación que comezou co Guilla Folk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra no terreiro de festas de Guillarei.  O folclore local co grupo Lembranzas da Terra e o canario representado polo grupo de baile Erasmo Hernández, de Gran Canaria, abriu esta cita o venres 5 de xullo. Ao día seguinte as bandas de gaitas tudenses, Lembranzas da Terra, de Guillarei e A Ínsua, de Caldelas, actuaron no IX Festival de Bandas, nunha noite chea de ritmo na que se contou amais con Donicelas e Storrentos en concerto.  

 O pórtico da catedral foi o escenario, o sábado 13, do IX Certame de Gaita e Tamboril que promove a Asociación Cultural San Telmo. Este ano o gañador foi o grupo Meigas Fritas, formado por Manuel Ramón Seoane Sánchez e Miguel Pardo de Castro. Foi segundo o grupo Revirado, de Rafael Carracedo Crespo e Daniel Camaño. E terceiro Conxunto Sisto, de Manuel Sisto Blanco e Eduardo Andrés Sisto Mellid. O público presente na praza de san Fernando puido amais coñecer as singularidades do traxe tradicional de distintos puntos da Galicia dende Pedrafita á Fonsagrada na Mostra Conferencia do Traxe Galego que ofreceu o grupo etnográfico Traxandaina. E para pechar a noite, Ardentía repasou en concerto os grandes éxitos da súa carreira.  Ao día seguinte o paseo da Corredoira foi o escenario onde once grupos de Tui, Gondomar, Redondela, Vigo e Marín fixeron gala do seu facer  e bailaron conxuntamente aos ritmos de muiñeiras e xotas.  

 O IKFEM festival, que dirixe Andrea González, marcou a actividade cultural do 17 ao 21 de xullo na Eurocidade Tui-Valença con miles de persoas gozando dos distintos concertos celebrados, nos que en moitos deles se colgou o cartel de completo. En Tui a igrexa de san Domingos acolleu o concerto do Trío Preseli e María Hinojosa, que entre outras interpretou obras de António Victorino D’Almeida e Fernando Buide, contando coa presenza dos dous compositores no evento. Tamén neste templo actuou o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Adrián Regueiro cunha homenaxe musical a Luís de Camoes e o apóstolo Santiago, a través de pezas renacentistas, barrocas e contemporáneas. 

 Mentres o público, encheu o Teatro Municipal para gozar do virtuosismo dos pianistas Chano Domínguez e Mário Laginha. As cortinas de san Francisco, en Valença, foron o escenario dos concertos de Salvador Sobral e Marco Mezquida e da estrea da Orquestra da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal xunto a Jorge Palma. 

 Un ano máis a vella Ponte Internacional transformouse nunha ponte peonil ao abeiro do IKFEM enchéndose este ano de música, creatividade e gastronomía na xornada dominical.  

 Amais o Paseo Fluvial converteuse nunha gran sala de cinema ao aire libre coas proxeccións de “O pequeno Nicolás” e “A viaxe de Ernest e Celestine” os venres 12 e 26 de xullo, que tiveron tamén unha gran acollida por parte do público familiar nun entorno natural único ás beiras do Miño.  

 A programación “Tui, verán na rúa” pechouse no Parque do Laxal, en Rebordáns, coa Noite Internacional do Miño que dende hai máis de dúas décadas ofrece unha mostra do folclore dos cinco continentes, este ano en concreto de Europa e América que ateigou este espazo para gozar dos bailes e cantos de Italia, Bornia Herzegovina, Uruguai, Chile e Galicia nun evento organizado pola Escola de Baile e Música San Fins.    

 Deste xeito tanto a cidadanía tudense coma os visitantes gozaron desta ampla e variada programación que continúa ao longo deste mes de agosto con novas propostas pola todos os públicos.  

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra destina 260.000 € para que 48 concellos da provincia realicen actividades de fomento da igualdade e loita contra a violencia de xénero 

A institución provincial repartirá axudas que oscilan entre os 2.000 e 6.000 euros cos que poderán financiar proxectos de prevención da violencia de xénero, de educación da igualdade, de conciliación, de sensibilización ou actividades inclusivas, entre outros


Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, na rolda de prensa desta mañá

Foto: Rafa Estévez


Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de 260.000 euros para que 48 concellos de menos 20.000 habitantes da provincia poidan realizar proxectos e actividades para o fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. "este é un goberno comprometido coa igualdade –asegurou o presidente provincial, Luis López-. E con liñas de achegas como esta o que buscamos é seguir avanzando na igualdade e na loita contra esa lacra social que é a violencia de xénero".  

 En total, recibíronse 50 solicitudes doutros tantos concellos, das que dúas foron desestimadas por diferentes razóns, aprobándose finalmente 48. Cada un destes concellos recibirán axudas que oscilan entre os 2.000 e os 6.000 euros para financiar proxectos de prevención da violencia de xénero, de educación da igualdade, de conciliación, de sensibilización, de comunicación, actividades inclusivas, etc.  

 En concreto, na contorna de Vigo e no sur da provincia son 20 os concellos que reciben achegas: A Cañiza contará con 4.894 €, A Guarda con 6.000 €, As Neves con 5.995 €, Arbo con 4.289 €, Baiona con 5.953 €, Covelo con 5.959 €, Crecente con 4.287 €, Gondomar con 3.442 €, Mondariz con 6.000 €, Mondariz-Balneario con 5.954 €, Mos con 6.000 €, Nigrán con 6.000 €, O Rosal con 5.965 €, Oia con 3.446 €, Pazos de Borbén con 5.989 €, Salceda de Caselas con 5.554 €, Salvaterra de Miño con 4.839 €, Soutomaior con 6.000 €, Tomiño con 6.000 € e Tui con 6.000 €.  Na contorna de Pontevedra reciben axudas dez concellos: A Lama 4.680 €, Barro 6.000 €, Caldas de Reis 6.000 €, Campo Lameiro 6.000 €, Cuntis 3.629 €, Moraña 5.354 €, Poio 6.000 €, Ponte Caldelas 6.000 €, Portas 5.179 € e Vilaboa 6.000 €. Tamén son dez os concellos da comarca do Salnés que se beneficiarán desta liña de axudas: A Illa de Arousa recibirá 6.000 €, Cambados 5.279 €, Catoira 2.100 €, Meis 6.000 €, O Grove 6.000 €, Pontecesures 5.973 €, Ribadumia 5.444 €, Sanxenxo 6.000 €, Valga 5.056 € e Vilanova 5.930 €.  

 Ademais, no Morrazo, Bueu contará con 5.389 € para as actividades para o fomento da igualdade e Moaña con 6.000 €. Por último, na comarca de Deza e Terra de Montes serán seis os concellos que recibirán as axudas: Agolada contará con 4.096 €, Cerdedo-Cotobade con 5.280 €, Dozón con 4.179 €, Rodeiro con 5.829 €, Silleda con 6.000 € e Vila de Cruces con 5.400 €.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra recomenda continuar coa xestión da vexetación nas viñas para evitar a aparición de novos síntomas de mildio 

O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro tamén avisa da importancia de estar atento ao cambio na meteoroloxía pola posible aparición de botrite


Adulto de Rhagoletis completa en noz
Foto. D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro investigador da Deputación de Pontevedra, sinala que o tempo solleiro e moi cálido destes días segue a favorecer o avance na fenoloxía da viña cara á maduración, malia que aínda se atopen algunhas bastante atrasadas. Con esta situación, e cos acios xa practicamente na súa totalidade no pintado e en fase de maduración, practicamente non se aprecian síntomas de mildio. No relativo aos acios, os que posúen máis danos son aqueles cunha inadecuada xestión da vexetación, así como aqueles coas vides en peores condicións de vitalidade. Por iso, a  recomendación dos técnicos de Areeiro é continuar coa xestión da vexetación para impedir as retencións de humidade que poidan favorecer a aparición de novos síntomas. Ademais, nos predios máis seriamente afectados de larvado, ir limpando ou eliminando os acios máis danados e comprobar, despois desta fin de semana, como evoluciona finalmente a climatoloxía. Se finalmente ven húmida é convinte facer unha aplicación de cobre inmediatamente despois sempre que non tivera xa pasado a data límite de tratamento fixada polas súas bodegas.

 No relativo ao oídio, o tempo seco e a diminución da humidade relativa non favoreceron ao patóxeno. Porén, se finalmente a próxima semana se produce a precipitación anunciada, a situación pode cambiar, en especial se a precipitación fai inchar a uva e esta pode estoupar. Por iso, é importante manterse atentos ao cambio na climatoloxía, en especial nos casos con máis predisposición a que apareza esta enfermidade. No sur da provincia, ademais, segue recomendándose a aplicación dun insecticida contra a Scaphoideus titanus, o vector da flavescencia dourada, xa que hai lugares onde aínda se recollen moitos exemplares nas trampas, e tamén moitas viñas abandonadas, refuxio do insecto.  

 Por outra banda, os técnicos de Areeiro observaron esta semana viñas no Salnés con síntomas de trips (como son coñecidos os insectos da orde Thysanoptera). De feito, nas plantacións con malas condicións a nivel do solo e nutrientes, as poboacións son elevadas, e nese caso recoméndase unha intervención insecticida. As condicións ambientais secas e solleiras destes días tamén fan que sigan manifestándose as enfermidades de madeira e os golpes de sol. Ademais, está a aparecer a erinose de verán.  

Outros cultivos  

 En canto á nogueira, desde Areeiro lembran da importancia de ir eliminando as noces que van caendo ao solo, ademais daquelas que mostran síntomas de mosca da casca verde, xa que xa atoparon a primeira larva nunha noz. Por outra banda, o tempo húmido deste ano favoreceu que en moitas nogueiras tamén estea presente este fungo que, fronte á mosca da casca, afecta non só aos froitos senón tamén ás follas, que poden chegar a caer prematuramente. Para o seu control o mellor é tratar con cobre no inverno ou con este produto ou fosfonato potásico na primavera, pero agora tamén se pode axudar eliminando os froitos afectados e as follas caídas ao solo de xeito prematuro, para reducir o inóculo para a campaña seguinte.