9 de ago. de 2024

TUI

O sábado 17 celebrarase a Festa Gastronómica

Trece asociacións culturais serán as encargadas de presentar os pratos da gastronomía tradicional dende ás 20:00 horas, na rúa Compostela  




Infogauda / Tui

 Tui prepárase para vivir dentro dunha semana, o próximo sábado 17, a Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño. Trece asociacións tudenses serán as encargadas de presentar unha ampla e variada oferta gastronómica centrada na nosa cociña tradicional aínda que tamén haberá oco para a innovación. A partir das 20:00 horas, a rúa Compostela transformarase nun gran recinto feiral para acoller as miles de persoas que cada ano acoden á festa.  

 Neste 2024 as asociacións participantes serán Aloia, de Pazos de Reis; Cristo da Agonía, de Baldráns; Darraia, de Tui; Laxes, de Paramos; Lembranzas da Terra, de Guillarei; O Mosteiro, de Pexegueiro; Paramos, San Bartolomé, San Fins, de Rebordáns; Santa Columba, de Ribadelouro; Seixos Albos, de Areas; Traxe de Tui; e Xuntanza, de Randufe.  

 Na festa non faltará a animación co Circo Krasnovarak ás 20:00 h; Fanfarria Taquikardia ás 21:00 h e Festicultores ás 22:30 h. 

  Así gastronomía, animación e música daranse a man, dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario