Protesta Ilunion ONCE
• Este mércores, 11 de decembro de 2024, ás 11:00 horas, na sede da ONCE en Vigo (Gran Vía, 16)
Infogauda / Vigo
A CIG ten convocada para este mércores día 11 de decembro de 2024, ás 11:00 horas, na sede da ONCE (Gran Vía, 1), de Vigo, unha mobilización para rexeitar o acoso laboral contra os seus representantes en Ilunion Servicios Industriales, centro especial de emprego do grupo ONCE, unha vez que a dirección está a intensificar as sancións coa vista posta na próxima celebración de eleccións sindicais.
Dende a CIG-Industria sinalan que Ilunion, que contrata persoas con discapacidade para que presten servizo nas principais empresas da automoción viguesas e ourensás, continúa coa campaña represiva posta en marcha contra os seus representantes no comité de empresa (integrado por 10 delegados/as da CIG e 7 de UGT). Unha campaña baseada en ameazas, coaccións e sancións que se iniciou unha vez a central sindical comezou a denunciar a explotación laboral e a precariedade que padece o persoal contratado por Ilunion.
Ningún comentario:
Publicar un comentario