10 de dec. de 2024

TUI

Solidariedade e música únense no concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música de Tui 

   Será este mércores no Teatro Municipal ás 20 h. Dende as 18 h poderase entregar o quilo de alimentos en favor de SOS Tomiño Baixo Miño  




Infogauda / Tui

 A maxia continúa neste Nadal en Tui con solidariedade e música que se unirán no concerto de Nadal que este mércores, 11 de decembro, ás 20 h ofrecerá no Teatro Municipal de Tui o Conservatorio Profesional/Elemental e a Escola de Música Municipal de Tui. Un ano máis este centro de ensinanzas musicais aposta por organizar un evento solidario no que colaboran con SOS Tomiño Baixo Miño.  

 Así a entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros destinados a SOS Tomiño Baixo Miño, que poderán ser entregados dende as 18 h na entrada do teatro.   

 Interpretarán un variado repertorio no que figuran dende composicións de música clásica, jazz, tradicional galega e panxoliñas.  Actuarán por solistas, tríos, así coma a Banda do Conservatorio, a Big Band tanto do grao elemental coma do grao profesional. Pechará o concerto a Orquestra de Cordas e o coro de Grao Elemental e  do Grao Profesional interpretando un popurrí de panxoliñas, de Marcos Valcárcel.  

 Dentro da programación de Nadal serán máis de cinco horas de música as que ofreza o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música, tanto neste  concerto no Teatro Municipal, coma a próxima semana no novo edificio da rúa Camilo José Cela. Nestes eventos musicais plasmaran todo o traballo que ao longo do curso se realiza nestes centros de estudos.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario