4 de dec. de 2024

VIGO

CONVOCATORIA MOBILIZACIÓN EN CONGELADOS LÓPEZ SOTO, ALFRÍO 

Este xoves, día 5 de decembro, entre as 7:00 e as 10:00 horas na zona de oficinas da empresa (Lameiro 46, Sárdoma, Vigo)


Infogauda / Vigo  

 Traballadores e traballadoras de Congelados López Soto, Alfrío, mobilizaranse este xoves, día 5 de decembro, entre as 7:00 e as 10:00 horas na zona de oficinas da empresa (Lameiro 46, Sárdoma, Vigo). Posteriormente trasladaranse á factoria (Raposeira, 38, Sárdoma, Vigo), onde estarán outras dúas horas. A mobilización insírese na nova xornada de folga, a quinta, convocada en demanda dun convenio digno. As anteriores centráronse na factoría que a empresa ten en Ribeira. 

 Cos paros, iniciados o día 8 de novembro, teñen conseguido un achegamento en certos aspectos da negociación do convenio, pero non se avanzou en cuestións como as categorías, que consideran fundamental.  

 Para a parte social tamén son inamovibles tamén cuestións como a da xornada e xa anunciaron que manterán as mobilizacións mentres non se achegue a un acordo definitivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario