4 de dec. de 2024

TUI

XI Camiñada Solidaria 2024

«Case tódalas cousas boas nacen dunha actitude de aprecio polos demais»  

Dalai Lama




Andatui Rego da Pedra / Tui

 O domingo 15 de decembro realizaremos a XI Camiñada Solidaria 2024 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.  

 Este ano a Camiñada Solidaria realizarémola dando un paseo polas centricas rúas de Tui así como pola ribeira do río Miño.  

 Sairemos, ás 10 da mañá, desde a praza da Inmaculada.   

 Esta Camiñada de percorrido fácil, duns 8 quilómetros, terá unha duración aproximada de tres horas.  

 IMPORTANTE, para participar solo tedes que inscribirvos no formulario de inscricións e aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. Alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.  

 En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono:  607 785 601 (Tato)

Ningún comentario:

Publicar un comentario