Tarde de música e emoción no Festival de Nadal da Agrupación Musical do Rosal
• Será este sábado 14 de decembro, ás 19.30 horas, no auditorio municipa, con entrada de balde
Infogauda / O Rosal
A Agrupación Musical do Rosal convida a toda a veciñanza a desfrutar dunha experiencia musical única no seu tradicional Festival de Nadal. Este sábado 14 de decembro, ás 19.30 horas, no auditorio municipal do Rosal, con entrada de balde; a Minibanda, a Banda da Escola, Combo, Amdoriñ@s, a Coral da Agrupación Musical do Rosal, o Coro Infantil e o grupo Lirolai, subiranse ao escenario para gozar do espírito do nadal todas e todos xuntos, e ofrecer ao público unha tarde máxica chea de música.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras a desfrutar do concerto e felicita á Agrupación Musical do Rosal por organizar un ano máis este festival, cita imprescindible na programación navideña rosaleira. Ademais, a rexedora quixo facer mención “ao fermoso debuxo de Paula Alonso Domínguez que decora o cartel do evento, así como a todos os nenos e nenas que participaron no X Concurso Infantil de Carteis de Nadal de AMDOR e que deixaron a súa pegada con moita creatividade e ilusión”. Deu tamén os seus parabéns ás e aos gañadores do resto de premios do certame: o segundo premio foi para Vega Sainz, e os accésit para Lara Santos, Thomas Aguirre e Sofía López.
Ningún comentario:
Publicar un comentario