Espírito navideño e talento no I Concurso Infanto-Xuvenil de Panxoliñas, da Agrupación Musical do Rosal
• O evento celebrarase este domingo, 29 de decembro, ás 18.00 horas, no auditorio municipal
Infogauda / O Rosal
Música, tradición e mocidade serán as protagonistas este domingo 29 de decembro, a partir das 18.00 horas, no auditorio municipal do Rosal, que acollerá a celebración da primeira edición do Concurso Infanto-Xuvenil de Panxoliñas, da Agrupación Musical do Rosal. Dese xeito, as voces máis novas encherán de espírito navideño o auditorio, ofrecendo un espectáculo que promete emocionar e unir ao público arredor da música.
Este evento busca promover a música coral entre a mocidade, destacando valores como o traballo en equipo, a disciplina e o desfrute da música. Dixirido a agrupacións corais de todo tipo, con participantes de ata 18 anos, o concurso suporá un reto, xa que cada agrupación deberá interpretar tres pezas relacionadas co Nadal cun tempo máximo de 10 minutos. O xurado premiará aos mellores coros con galardóns de 200, 100 e 50 euros.
Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a asistir e gozar dunha tarde única de música, “apoiando ás novas xeracións e emocionándonos coas súas interpretacións”. “É un orgullo acoller un certame que promove a tradición musical e o talento da nosa mocidade e celebrar o Nadal dun xeito creativo e enriquecedor”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Ningún comentario:
Publicar un comentario