A GUARDA EXPERIMENTA UN AUXE DO SECTOR COMERCIAL GRAZAS Á XESTIÓN DO GOBERNO DE CARRERO
Concello de A Guarda
O Concello da Guarda constata un aumento do 52 % na concesión de licenzas para establecementos comerciais, industriais, de restauración, hostalería, etc., desde o ano 2022 ao ano 2024.
Sen ningunha dúbida, a aposta turística e de actividades do goberno presidido polo popular Roberto Carrero ten moito que ver no rexurdir do sector comercial guardés.
O goberno municipal estima que, a aposta firme polo turismo, así como as diversas actividades organizadas desde o Concello: concertos, sesións vermut, apoio a festas patronais, actividades e eventos deportivos, visitas guiadas, lecer para mocidade e familias, servizos dinamizadores como o tren turístico, publicidade e promocións de festas significativas como a lagosta, reunións con operadores turísticos, así como o tirón e desestacionalización que supón o Camiño de Santiago fomentado desde o goberno municipal, provocaron que A Guarda rexurda no sector comercial con establecementos de todo tipo: desde os orientados á actividade deportiva, pasando polos tradicionais de restauración, lecer ou complementos, etc.
En palabras do Alcalde, Roberto Carrero: “seguimos avanzando nos nosos proxectos e o tempo vai dando a razón, por moito que a pesar dos nosos rivais políticos que denigran e opóñense a todo o realizado por este goberno coas súas acusacións falsas cara á miña persoa ou os compañeiros do goberno. Os datos son clarísimos e só basta dar unha volta polo noso pobo para constatar o rexurdir do comercio guardés. En breve teremos as estatísticas de visitantes e turistas deste ano pero os indicadores son moi positivos”.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario