As Xornadas Instrumentais Eurocidade continuarán con clases maxistrais en saxofón e clarinete
• Este sábado, 14 de decembro
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado, músicos de A Guarda, Caminha e O Rosal desfrutaron das clases maxistrais de Hansel Luis Diez e de José Antonio González Guevara.
Ambos os dous músicos compartiron o seu talento en vento metal e percusión, respectivamente, co alumnado. Para rematar a xornada, celebrouse unha audición final no Centro Cultural, onde algúns dos alumnos atrevéronse con solos diante dun público que tamén se sumou á música con palmas.
Para este sábado 14 de decembro están programadas outras dúas clases maxistrais:
- Clarinete, con Asterio Leiva Piñeiro, na Casa dos Alonso de 10 a 14 horas.
- Saxofón. con Rafael Yebra Rivera, no Centro Cultural de 10 a 13 horas e de 15 a 18 horas.
Poden inscribirse todos os músicos e músicas dos concellos de A Guarda, Caminha e O Rosal, e os de outros concellos como oíntes. Para apuntarse hai que premer eiquí e encher o formulario.
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Ningún comentario:
Publicar un comentario