11 de dec. de 2024

A GUARDA

A Ceña Vella, na Gándara, conta con nova tubaxe da traída de auga e asfaltado   


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba Lorenzo, no camiño Ceña Vella,onde veñen de rematarse os traballos de renovación de tubaxe e asfaltado 

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa o seu traballo na mellora de camiños e rúas, coa renovación de tubaxe da traída de augas, e asfaltado, do camiño Ceña Vella, na Gándara.  

 O camiño sufría de fugas de auga o que ocasionaba unha perda de auga e un servizo ineficiente para a veciñanza. Coa nova tubaxe da auga da traída búscase un maior aproveitamento da auga e un servizo de calidade.  

 Ademais, aplicouse un novo asfalto ao camiño para mellorar o paso de viandantes e de vehículos.  

 A intervención sufragouse coa subvención de 48.445,68€ do Plan Marco, da Xunta de Galicia, para a mellora de camiños xunto coa aportación municipal de 7.297€. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario