11 de dec. de 2024

DEPORTES

FÚTBOL

1ª Autonómica Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C.P. ALERTA NAVIA

  Este domingo, 15 de decembro, ás 16:30 horas, no estadio municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo dunha ampla vitoria (6-0) fronte ao Tomiño, F.C., no estadio municipal A Sangriña, e dunha derrota (2-1), no feudo do Tyde, F.C.; o Sporting Guardés prepárase para ser o anfitrión do C.P.Alertanavia. O encontro disputarase este domingo día 15 de decembro, ás 16:30 horas, no estadio da Sangriña.

 Vai ser un partido de poder a poder, toda vez que o equipo visitante - situado no posto 3º da táboa clasificatoria -, vai procurar obter algo positivo no seu desprazamento a vila do Trega. O conxunto vigués - con 13 encontros disputados - contabiliza 28 puntos, logrados grazas a 8 vitorias e 4 empates.

 O conxunto local - con 14 xornadas disputadas -, está situado no posto 5º da táboa e conta con 25 puntos, logrados mediante 7 vitorias e 4 empates.

 Eses datos indican que nestes intres, as diferencias entre un equipo e outro non non relevantes. En todo caso, o Sporting Guardés debe sair ao sintético da Sangriña con toda a mellor disposición para loitar por unha vitoria que lle permita manterse nos postos tranquilos da clasificación. Non deberan confiarse os de Toñete Rodríguez, para así ter máis opcións de acadar o obxectivo proposto. Para procurar logralo, o xogador nº 12 - non fai falla sermos máis explícitos - tamén debera responder, acudindo decididamente ao campo municipal da Sangriña e animar ao Sporting Guardés. 

 Porque no deporte, como en todo na vida, é moi aleccionador saber que non estamos soios fronte ao rival.

Ningún comentario:

Publicar un comentario