OS INFORMES DE SECRETARÍA RATIFICAN A VERACIDADE DAS DENUNCIAS FEITAS POLO BNG SOBRE O TREN TURÍSTICO
Anxo Baz: “É moi grave que o alcalde da Guarda siga sen explicar a onde foron parar os cartos cobrados irregularmente no tren turístico e cal é a cantidade”
Infogauda / A Guarda
O grupo municipal do BNG no Concello de A Guarda, vén de emitir unha nota de prensa na que indica o seguinte:
O informe da secretaría do Concello da Guarda vén corroborar a veracidade das denuncias feitas públicas polo BNG nos últimos meses sobre o proceso de contratación irregular do tren turístico na Guarda.
O mencionado informe aclárase que para a contratación do tren turístico “debería existir un estudo económico, a determinación e aprobación dos prezos correspondentes, e tramitarse o contrato coa oportuna licitación pública”.
O portavoz municipal do BNG na Guarda manifestou: “o alcalde, Roberto Carrero, saltou todos os trámites legais pertinentes para levar adiante unha contratación; pagou 15.000€ con fondos públicos a empresa que fixo o servizo; obviou os requerimentos aos que fai referencia o informe de secretaría; cobrou irregularmente aos usuarios e o que aínda é peor, oculta a contía dos cobros irregulares e a onde foron parar eses cartos. É moi grave que o alcalde continúe sen dar explicacións”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario