Inaugurado o Obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela X
Infogauda / A Guarda
Este lunes día 2 de decembro, deu comezo unha nova etapa formativa no noso municipio. Grazas ao Obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela X, 20 alumnos e alumnas terán a oportunidade de completar unha formación práctica e teórica en albanelaría, aprendendo as bases desta profesión, fundamental para o noso desenvolvemento local.
“Este obradoiro é un compromiso coa capacitación e o futuro laboral da nosa xente, promovendo oportunidades de emprego e mellorando as habilidades técnicas dos participantes.
Seguiremos informando sobre os avances deste proxecto que nos enche de orgullo.
Xuntos construímos futuro!”, afirmou o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario