2 de dec. de 2024

A GUARDA

O GRUPO ANTORCHA ACTUARÁ NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

 Ofrecerá un concerto este mércores, día 4 de decembro



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 As compoñentes do Grupo Antorcha, de A Guarda, están incluídas, un ano máis, na programación de Nadal do Hospital Álvaro Cunqueiro. Como unha nadaliña vivinte, o vindeiro mércores día 4 deste mes de decembro, ás 11:00 horas, actuarán para todos os nenos/as que están alí ingresados. 

 María José Baz Martínez, coordinadora do Grupo Antorcha dixo que será unha actuación informal, pois tocarán polos pasillos e tamén nas habitacións daqueles picariños que non poidan sair a ver as mulleres que desde A Guarda lévanlles un feixe de amor, de panxoliñas, de sorrisos, e bons desexos para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario