A Guarda ofrece clasesus maxistrais instrumentais
• A través do proxecto Xornadas Instrumentais Eurocidade
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Agrupación Musical de A Guarda ofrecerá no mes de decembro ata catro clases maxistrais impartidas polos mestres dos conservatorios de Vigo e A Coruña: Hansel Luis Díez, José Antonio González Guevara, Asterio Leiva Piñeiro e Rafael Yebra.
As clases - que se realizarán durante os días 7 de decembro e 14 de decembro -, van destinadas aos músicos residentes dos concellos de A Guarda, O Rosal e Caminha, estando aberta a posibilidade de inscribirse como oíntes, persoas interesadas doutros concellos.
Os obxectivos deste programa están destinados a complementar a capacitación dos músicos destes tres municipios, que contan cunha importante tradición musical e nas que as respectivas agrupacións desempeñan un papel protagonista e dinamizador desta tradición. Buscando así mismo enriquecerse co encontro e intercambio de coñecementos entre as entidades dos diferentes municipios e de ambos países.
Ao presentarse en formato clases maxistrais búscase dotar da oportunidade de complementar a formación regrada nos respectivos centros e formacións musicais, tendo a oportunidade de contar con docentes externos de recoñecido prestixio. De modo que o programa formativo quedaría do seguinte xeito:
• Sábado 7 decembro 2024.- Vento Metal
Mestre: Hansel Luis Diez. Profesor de trompeta/Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)
• Sábado 7 decembro 2024.- Percusión Mestre: José Antonio González Guevara. Profesor de percusión da Escola Municipal de Música da Coruña e do Conservatorio Profesional Presto-Vivace da Coruña.
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Local de ensaios da Agrupación Musical de A Guarda
• Sábado 7 decembro 2024.- Audición conxunta final Mestres e Alumnos Vento e Percusión
18:00h. No Centro Cultural de A Guarda (Rúa Rosalía de Castro, 12)
• Sábado 14 decembro 2024.- Clarinete
Mestre: Asterio Leiva Piñeiro. Profesor de clarinete do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 10:00 – 14:00
Lugar: Casa dos Alonso (Praza do Reló, 4-5)
• Sábado 14 decembro 2024.- Saxofón.
Mestre: Rafael Yebra Rivera. Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Horario: 10:00 – 13:00h // Tarde 15:00 – 18:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural (Rúa Rosalía de Castro, 12)
As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no formulario web que se pode atopar aquí.
A actividade está enmarcada dentro do proxecto transfronteirizo na 2º Convocatoriao do POCTEP 2021-2027 – Prioridade 7 para dinamizar e crear sinerxias culturais entre os concellos da Guarda, Caminha e O Rosal e terá como colofón final a realización dun intercambio entre as tres Agrupacións Musicais o día 21 de decembro na Cámara Municipal de Caminha.
No programa adxunto pódese ampliar a información sobre os docentes e o contido do programa formativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario