25 de nov. de 2024

TOMIÑO

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantivo unha reunión coa alcaldesa de Tomiño

 Este encontro celebrouse nun clima de cordialidade entre ambas administracións, que abordaron asuntos relativos ao acceso á vivenda


María Martínez Allegue e Sandra González Álvarez na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra
Foto: X.G.


Infogauda / Tomiño 

 A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez.  

 Trátase da primeira xuntanza oficial entre a conselleira Martínez Allegue e a rexedora tomiñesa.  

 Este encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, celebrouse nun clima de cordialidade entre ambas administracións, que abordaron asuntos relativos ao acceso á vivenda.  

 Nesta reunión tamén trataron actuacións no eido das infraestruturas, de interese para o citado municipio, emprazándose a futuros encontros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario