12 de nov. de 2024

TOMIÑO

Tomiño capacita á veciñanza en intelixencia artificial  

O curso ten unha duración total de 30 horas e impártese de luns a xoves de 16 a 19 horas, ata o vindeiro 21 de novembro, nas aulas da Escola Obradoiro de Goián 

 



Infogauda / Tomiño 

 O Concello de Tomiño vén de por en marcha un curso de Capacitación Dixital en Intelixencia Artificial.  

 A actividade formativa, de 30 horas de duración, desenvólvese de luns a xoves de 16.00 a 19.00 horas, até o vindeiro 21 de novembro, na Escola Obradoiro de Goián.  

 “Cremos que é unha opción interesante, posto que a informática avanzada, e neste caso a intelixencia artificial, está a modificar os postos de traballo e outros aspectos do noso día a día, polo que estar ao tanto das posibilidades que nos aporta e saber utilizalas será moi útil” comentan os organizadores.  

 As persoas interesadas deben cubrir un formulario de inscrición premendo nesta ligazón. 

 As prazas son limitadas e concédese certificado de aproveitamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario