Os medios e o poder, a debate
O vindeiro venres 15 de novembro, ás 20h, no local do IEM
IEM / Gondomar
Luís Álvarez Pousa asistirá o vindeiro venres 15 de novembro ás 20h no local do IEM ao debate "Os medios e o poder". O acto será presentado por David Reinero e Inma López Silva.
Temos dereito a saber que está pasando? Quén pode e debe defendernos das falsas noticias? Cómo poden os xornalistas protexer a súa profesión ante o poder de empresarios e políticos? Moitas son as preguntas que necesitamos facer para defender una sociedade galega democrática.
O xornalista e profesor universitario, Luís Álvarez Pousa, reflexiona sobre os Medios e políticos baixo sospeita 1990-2023, acompañado polo tamén xornalista David Reinero e pola escritora Inma López Silva.
1.- A fundación e dirección, durante case trinta anos, da revista Tempos Novos é a mellor presentación de Luís Álvarez Pousa. Promotor e xestor no mundo da cultura galega (cine, teatro, prensa, revistas), profesor de xornalismo na Universidade de Santiago, Director Xeral de Cultura no primeiro Goberno da Xunta de Galicia, despois de varias distincións este ano foi recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo.
2.- David Reinero está recoñecido polos xornais onde traballa, Praza Publica e elDiario.es, como un rigoroso esperto no xornalismo de datos. Un dos seus traballos máis coñecidos foi o libro Angrois. O AVE en anacos polo que lle concederon o premio Xosé Aurelio Carracedo en 2014. Tamén recibiu hai tres anos Premio xornalístico Reimóndez Portela. Traballou en varios medios como El Pais, Xornal de Galicia, Atlántico Diario.
3.- Inma López Silva é unha coñecida escritora e foi distinguida polas súas novelas cos principais premios de Galicia, como o Xerais e o Blanco Amor. Na actualidade é profesora na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Colabora na prensa e en revistas como Citania, Primer Acto, Revista Gallega de Teatro, Grial. Ten o doutorado en Filoloxía coa tese Sistema teatral e institucións. O caso galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario