A REPÚBLICA DOS SONHOS
Música e irmandade na 2ª Gala da Lusofonía
▪Este sábado, 23 de novembro, no Centro Cultural de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural acollerá este sábado 23 de novembro, ás 21:00 horas a 2ª Gala da Lusofonía, onde se celebrará a riqueza da lusofonía en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Deputación de Pontevedra.
A gala, titulada “A República dos Sonhos” e presentada pola xornalista Esther Estévez, promete unha experiencia única de irmandade cultural entre Galicia e o universo lusófono, que inclúe a música, entrevistas e conexións internacionais, nunha noite inspirada pola obra da escritora brasileira Nélida Piñón.
No marco do proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”, a gala servirá para explorar a fondo os soños, lendas e historias que unen Galicia e o mundo lusófono, abordando temas como a emigración, a cultura e o comercio. O evento será retransmitido en directo pola IGADI TV, a través do seu canal de YouTube, xa que se espera unha participación ampla e aberta.
As persoas interesadas en acudir de xeito presencial poden apuntarse cumplimentando o correspondente formulario. De non encherse a cabida do salón de actos, abrirase ao público sen necesidade de inscribirse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario