20 de nov. de 2024

A GUARDA

A REPÚBLICA DOS SONHOS

Música e irmandade na 2ª Gala da Lusofonía 

Este  sábado, 23 de novembro, no Centro Cultural de A Guarda 

  



Infogauda / A Guarda

 O Centro Cultural acollerá este sábado 23 de novembro, ás 21:00 horas a 2ª Gala da Lusofonía, onde se celebrará a riqueza da lusofonía en colaboración co  Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Deputación de Pontevedra.  

 A gala, titulada “A República dos Sonhos” e presentada pola xornalista Esther Estévez, promete unha experiencia única de irmandade cultural entre Galicia e o universo lusófono, que inclúe a música, entrevistas e conexións internacionais, nunha noite inspirada pola obra da escritora brasileira Nélida Piñón.  

 No marco do proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”, a gala servirá para explorar a fondo os soños, lendas e historias que unen Galicia e o mundo lusófono, abordando temas como a emigración, a cultura e o comercio. O evento será retransmitido en directo pola IGADI TV, a través do seu canal de YouTube, xa que se espera unha participación ampla e aberta.  

 As persoas interesadas en acudir de xeito presencial poden apuntarse cumplimentando o correspondente formulario.  De non encherse a cabida do salón de actos, abrirase ao público sen necesidade de inscribirse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario