8 de out. de 2024

VIGO

COLECTIVO DE MÉDICAS DE PAC RECLAMAN PODER HOMOLOGARSE COMO MEDICAS ESPECIALISTAS DE URXENCIAS E EMERXENCIAS

 A CIG-SAÚDE TEN PRESENTADO RECURSO AO REAL DECRETO QUE LLES IMPIDE  PODER ACCEDER A ESTA TITULACIÓN POLA VIA EXCEPCIONAL 


Mobilizacións de persoas colectivo de médicas de PAC (Puntos de Atención Continuada)
Fotos: CIG-Saúde


Infogauda / Vigo

 O colectivo de médicas de PAC (Puntos de Atención Continuada) solicitan, de xeito escalonado durante  esta semana, os servizos prestados nos distintos rexistros do SERGAS, para solicitar ante o Ministerio a homologación ao novo título de Medicina de Urxencias e Emerxencias. 

 Este colectivo malia realizar funcións compartidas con outros dispositivos de urxencias, e mais concretamente das urxencias  extrahospitalarias,  son excluídos neste Real Decreto, limitando nun futuro a posibilidade de mobilización a outros dispositivos que van requirir a nova titulación.  

 Debemos lembrar que os PAC forman parte do Plan de Urxencias Extrahospitalarias de Galiza, realizando atención urxente de primeiro nivel e que, o persoal de PAC medicaliza en torno ao 80% das atencións Urxentes do 061. 

 Esta exclusión supón que non poden descargar os servizos prestados mediante o programa habilitado para este fin no SERGAS e vense obrigados a solicitar por rexistro os mesmo. 

 Dende a CIG-Saúde entendemos que este a Disposición Transitoria do RD 610/2024 é discriminatoria xa que permite que o persoal co título de Medicina Familiar e Comunitaria que teña servizos prestados nos servizos de urxencias hospitalarias e nos centros de emerxencias (en Galiza sería o 061) poida solicitar a homologación do novo título de Medicina de Urxencias e Emerxencias, deixando fóra ao persoal médico de PAC que ten servizos prestados en urxencias extra hospitalarias, afirma Manuel G. Moreira, da CIG-Saúde.

 Ante isto, CIG-Saúde temos presentado recurso diante do Tribunal Supremo contra a Disposición transitoria primeira do Real Decreto 610/2024, de 2 de xullo, que establece o título de Médica/o Especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias e actualizan diversos aspectos na formación do título de Médica/o Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, publicado no BOE do 3 de xullo de 2024. 

 A reclamación baséase en que, malia ter funcións compartidas con outros dispositivos de urxencias extra hospitalarias, que si poden solicitar a especialidade (persoal médico asistencial 061, outros dispositivos asistenciais noutros servizos de saúde), o persoal médico dos PACs non poden acceder á mesma, limitando nun futuro a posibilidade de mobilización a outros dispositivos que van requirir a nova titulación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario