6 de out. de 2024

A GUARDA

CHAMAMENTO DA COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA ÁS PERSOAS AFECTADAS POLAS DÉBEDAS  

A CMMVVMC de A Guarda fai un chamamento ás persoas e empresas afectadas polas débedas da entidade para que contacten coa nova Xunta Reitora a través do enderezo electrónico montedaguarda@gmail.com para negociar e planificar o pago da débeda. 

 

Vista do monte Santa Trega


Xunta Reitora da CMMVVMC de A Guarda 

 A CMMVVMC de A Guarda informa que, debido ao abandono e á desidia da anterior Xunta Reitora, esta entidade presenta unhas perdas económicas acumuladas que superan os 100.000 €. Ante esta situación, a nova Xunta Reitora, elixida en Asemblea Extraordinaria o pasado 3 de agosto de 2024, quere pedir desculpas publicamente polos prexuízos ocasionados a particulares e empresas afectadas polas débedas acumuladas por esta entidade e, como parte do seu compromiso, establece como prioridade o pago das mesmas.  

 Ademais, a nova Xunta Reitora agradece a confianza depositada no novo equipo e fai un chamamento a todas aquelas persoas, tanto particulares como empresas, que aínda non foran contactadas, para que se poñan en contacto, o antes posible, a través do enderezo electrónico montedaguarda@gmail.com para negociar e planificar o pagamento da débeda unha vez recuperada a solvencia da entidade.  

 A Guarda, 6 de outubro de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario