6 de out. de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para solicitude de subvencións

 Por concorrencia competitiva





Infogauda / A Guarda

 O Goberno municipal de A Guarda fixo público que está aberto o prazo para a solicitude de subvencións por concorrencia competitiva do Concello de A Guarda. 

 Na comunicación que recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo adxuntan ligazón á web municipal para que as persoas interesadas poidan consultar as bases e tamén teñan acceso aos Anexos. 

 Desde o Goberno municipal lembran que se alguén "ten dúbidas pode consultarnos o que precisedes."  

 Importante utilizar os Anexos da orde e ter en conta que son actividades ata outubro do 2024.

BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA SOCIAIS 2024

BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA CULTURAIS 2024

BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS 2024

BASES ESPECÍFICAS SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA DEPORTIVAS 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario