19 de set. de 2024

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE do Porriño denuncia nunha moción graves incumprimentos legais no Negrita Festival 

O cúmulo de incumprimentos legais que a empresa organizadora deste festival infrinxíu respecto da Lei 10/2017 de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, sendo a súa segunda edición xa no municipio, fai que os socialistas insten ao Concello a que tome a iniciativa de velar polos dereitos dos consumidores  




Agrupación do PSdeG-PSOE / O Porriño  

 A pasada fin de semana, os días 13 e 14 de setembro, o Concello de O Porriño acolleu o Negrita Festival na súa segunda edición, cun  aforo previsto de 4.200 personas. A pesar de ser o segundo ano consecutivo da súa edición, dende o PSdeG-PSOE de O Porriño poidemos comprobar, de primera man, importantes irregularidades que atentan directamente contra o público consumidor.  

 Os socialistas entendemos que mirar para outro lado sería permitir que, en vindeiras ocasións, continúen a verse vulnerados os dereitos dos consumidores, por iso agora é de recibo que o Concello do Porriño dé exemplo, antepoñendo os intereses do cidadán por riba das malas prácticas dunha empresa privada. 

 Dende o PSdeG-PSOE tamén sabemos valorar o traballo que esixe a preparación dun evento desta magnitude, polo que destacamos a implicación das concellerías municipais de Festas, Seguridade ou de Igualdade, resaltando desta última que a súa concelleira, Carolina González, resolveu positivamente o problema da falla de previsión de ubicación para as persoas con movilidade reducida, que aínda que mercaran a súa entrada PMR, a organizadora do evento esqueceu.  

 Pero este problema, resolto co acceso á zona VIP, só foi un dos feitos detectados que atentaron contra os dereitos das persoas consumidoras, que teñen dereito a coñecelos e á información de cómo reclamalos; e neste senso, en defensa dos intereses do noso Concello, os socialistas rexistramos unha moción o pasado luns.  

Incumprimentos legais da promotora 

 A promotora, UNV Talents S.L.U., obrigou aos asistentes do Negrita Festival ao abono dun reacceso cargando, en pulseira cashless, 10 € máis sobre o prezo da entrada. Non poden cobrar un extra por permitir aos asistentes sair e voltar entrar ao recinto, como fixeron no Negrita Festival e, con máis retranca, sin que se indique o seu coste no intre de mercar as entradas, ou da súa publicidade ou promoción. 

 Tampouco pode prohibir a entrada dos asistentes ao recinto con comida ou bebida do exterior, vai en contra da lexislación sobre espectáculos públicos porque limita, é bastante, a capacidade de elección no tocante a qué comer ou beber. 

 O festival non pode impoñer as pulseiras cashless como único xeito de pago, o evento debería ter permitido o pago en efectivo, pero en metálico xa non podería cobrar unha comisión para recuperar o diñeiro sobrante nas mesmas, producíndose un beneficio importante ao non respetar os dereitos dos consumidores. 





 Facturouse tamén un depósito de 2 € por vasos reutilizables, do mesmo xeito que o ano anterior, cando a organizadora ten que establecer mecanismos para a súa devolución unha vez se retorne o recipiente, algo do que non se informou. Pero é que ademáis, o vaso empregado nesta edición, tiña unha capacidade menor que o da anterior, 10 cl de diferenza. 

 No Negrita Festival tampouco existía ningún apartado no que se informase sobre as normas, condicións ou cláusulas de acceso ao evento, nin na páxina web, nin se atopaban expostas en carteis no acceso ao recinto ou no seu interior. Privando ao público de acceso a esta básica e importante información. 

 Algúns destes motivos expostos, repítense noutros Festivais como FIB,  Monegros, Puro Latino, Sonorica o Zevra, xa denunciados por FACUA ou a OCU; polo que non debemos consentir estas prácticas ilegais e asumilas coma cotiás.  

 Dende o PSdeG-PSOE do Porriño, os socialistas solicitaremos ao Pleno que o Concello de O Porriño se persone en defensa dos asistentes ao Negrita Festival, de xeito que se cree un punto de información de dereitos aos asistentes e tramitación da reclamación da devolución de comisións á hora de recuperar o diñeiro cargado nas pulseiras cashless, do importe dos vasos ou dos reaccesos. 

 Tamén demandamos que se inicien os correspondentes trámites de sanción administrativa, polo incumplimiento da normativa vixente, como parte contratante; así coma que en futuras edicións, sexa comprobado polo miúdo, o cumprimento da legalidade en todo o que confire ao consumidor, condicionando ao Concello de O Porriño a súa colaboración co festival en futuras edicións, á solución das irregularidades plantexadas nesta moción.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario