30 de set. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS

  NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


Compoñentes do Club Deportivo Miño-Teixugos
Fotos: Rosa Fernández
Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño-Teixugos foi segundo por detrás do Tea, de Mondariz. O Montaña Quixós, de Monforte foi terceiro

Rosa Fernández Carrera / Deportes

 Este domingo celebrouse na praia de o Val, en Mondariz, o Campionato Galego de Promoción de Slálom, a máis importante das competicións da liga galega de promoción. Máis de oitenta deportistas de idades comprendidas entre os sete e os trece anos gozaron desta xornada de deporte e convivencia.     

 O Club Deportivo Miño-Teixugos levou un equipo moi numeroso que demostrou o gran momento do club.  


Nerea Álvarez - no podio a esq. - logrou a prata en C1 infantil 

 En canoa a única representante dos teixugos foi Nerea Álvarez que rematou segunda en C1 infantil, acadando por tanto a prata.  

 En K1 infantil masculino, Iván Cruz rozou a medalla ao rematar cuarto; Alejandro Barreiro foi quinto; Izan Vicente, sétimo; Xián Pérez, décimo; Xurxo Río, undécimo; e Leo Álvarez, duodécimo. 

 En K1 alevín  masculino, Lois Montenegro alzouse co título de campión galego ao gañar  a proba e o seu compañeiro Martín Vicente, foi oitavo.   

 En K1 benxamín masculino, Roque Olveira tamén acadou o ouro, Nicolás Piñeiro foi cuarto e Brais Vicente sexto.  

 En K1 prebenxamín masculino, Marcos Río conseguiu a prata.  

 En k1 infantil feminino, Nerea Álvarez rematou segunda, gañando a prata, Nerea Álvarez foi cuarta, Beatriz Sánchez sexta e Catalina Sánchez sétima.  

 En K1 alevín feminino, Rita Olveira gañou con claridade, facéndose co ouro e co campionato.  

 En K1 prebenxamín feminino, Iria Álvarez tamén gañou o ouro.  

 Non puido ser máis impresionante a participación dos pequenos teixuguiños nesta competición, con Lois, Roque, Rita e Iria como campións galegos e Nerea, Leila  e Marcos como subcampións.  

 Na clasificación final por clubs, o Deportivo Miño-Teixugos foi segundo por detrás do Tea, de Mondariz. O Montaña Quixós, de Monforte foi terceiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario