O Concello de A Guarda abre a posibilidade da creación dunha área de autocaravanas
No lugar da Atalaia
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que "hai unhas semanas, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Infraestruturas, Isidro Lomba Lorenzo, reuníronse coa xunta directiva da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).
Na reunión, estudouse a posibilidade de instalar unha área de servizo de autocaravanas no lugar da Atalaia e as necesidades da mesma. Mais aló dunha zona de aparcamento e pernoita, habería unha zona de carga e descarga dos depósitos das autocaravanas."
Área de servizo de autocaravanas: unha infraestrutura turística fundamental
Desde este xornal dixital transfronteirizo saudamos que se esté estudando a posibilidade de crear unha área de servizo de autocaravanas.
A día de hoxe - e desde fai uns cantos anos -, a realidade indica claramente que esa área de servizo é unha necesidade. A proba está en que os usuarios dese tipo de vehículos automóbiles estacionan onde o consideran oportuno. Non é necesario que citemos os lugares onde iso é práctica habitual, especialmente nos meses de verán.
E no que respecta ao vaciado das augas grises, no concello de A Guarda, tan soio existe un lugar sinalizado - Área de Loucenzas - para tal fin, que é coñecido polos autocaravanistas. A outra alternativa está destinada aos clientes do camping Santa Tecla.
Dese xeito, á creación dunha área de servizo de autocaravanas - como mínimo -, fundamental nun concello turístico como A Guarda, é unha infraestrutura que debera levarse a bo termo canto antes, ubicándoa no emprazamento máis idóneo posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario