30 de set. de 2024

A GUARDA

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas), unha obra teatral de temática LGTBIQ+ no rural 

 O venres, día 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural 




Infogauda / A Guarda   

 O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de A Guarda, na súa programación de outono, presenta o proxecto  “Diversidade sen atrancos”, coa finalidade de promover o uso da nosa lingua con accións que activen a concienciación do respecto á diversidade e á diferenza, subvencionado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.  

 O día 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda, contaremos coa representación teatral de Brokeback Mountain. A entrada é de balde ata completar o aforo.  

 A peza busca deixar de estigmatizar a diversidade sexual, amosando a realidade LGTBIQ+ dende unha perspectiva realista. Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas) é un canto á diversidade  e unha homenaxe a tradición galega, situándose no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas, de Sabucedo. 

Proxecto  “Diversidade sen atrancos”

 Este proxecto componse de dúas actividades, por unha banda temos unha proposta cultural, dirixida ao público en xeral e por outra,uns obradoiros que levan por título “Quen é quen?” dirixidos ao alumnado de Formación Profesional e da ESO, onde aprenderemos as diferentes identidades de xénero e as orientacións do desexo.   

 O obxectivo é fomentar a comprensión, o respecto e a empatía cara a diversidade. Queremos crear un espazo seguro onde o alumnado poida dialogar sobre estes temas de maneira aberta e libre de prexuízos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario