O Concello de A Guarda convida a reciclaxe da roupa nos contedores de reciclaxe téxtil
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o Concello de A Guarda dixo público o seguinte:
Co comezo do curso e do outono toca cambio de armario, reciclar a roupa é o mellor que podedes facer.
Deposita os téxtiles usados nos contedores adecuados.
Reutilización e reciclaxe. Dase unha nova vida á roupa reutilizable e transfórmase o resto en recursos valiosos.
Xestión responsable. Os materiais que non se poden reciclar manéxanse co máximo coidado para minimizar o impacto ambiental.
Que podes aportar? Roupa de vestir, roupa de fogar, calzado, bolsos e complementos (gorros, bufandas, gravatas, luvas..).
Como depositar a roupa no contedor? Debe ser en bolsas pechadas para conservar mellor a roupa e facilitar a recollida.
Localiza os contedores. Encontra os pontos de reciclaxe na Guarda. Podes localizalos na ligazón de Google Maps.
Cada paso axuda a fomentar un consumo máis consciente e a fortalecer a misión de reducir residuos e promover a sostibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario