Mostra Filatélica e Coleccionismo XXVIII ExfiMiño
Unha exposición para conmemorar os 100 anos do viacrucis do Monte Santa Trega
Infogauda / A Guarda
Do 5 ao 10 de agosto de 2024, na Casa dos Alonso, vai ter lugar a XXVIII ExfiMiño, conmemorando o primeiro centenario da construción do monumental viacrucis do monte Santa Trega.
A exposición inclúese na programación desta edición das Festas do Monte Santa Trega, 2024, polo que a súa inauguración celebrarase xusto despois do pregón ás 20:00 horas na praza do Reló.
Na exposición participarán coleccións de filatelia de Galicia, numismática e outros coleccionables como son chisqueiros ou pousavasos.
A XXVIII ExfiMiño está organizada pola Sociedade Filatélica e Numanística Guardesa, en colaboración co Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra.
O horario de visitas será de 11 a 14 horas e de 18 a 20 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario