A poetisa Oliva María Pereira vai presentar seu libro ‘Reflexiones’
Este sábado, 3 de agosto, ás 20:30 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
A poetisa guardesa Oliva María Pereira González vai dar a coñecer o libro “Reflexiones”, da súa autoría. O acto, que terá lugar este sábado 3 de agosto, ás 20:30 horas, no Centro Cultural e estará presentado polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; contará tamén coa presenza da autora Oliva María, José Manuel Fandiño García (profesor e director do Centro Do-Majó) e Marta Ortiz (profesora de matemáticas).
Mediante poemas, Oliva María comparte en “Reflexiones”, os seus pensamentos sobre o amor e a vida. Non é a primeira ocasión, pois xa leva varios libros publicados de poemas e tamén contos para nenos, tanto en castelán como en galego.
Para amenizar o acto contarase con Paz e Teo Samarán, dúo de piano e violín; e co cuarteto de clarinetes formado por Ana, Lucía, Nerea e Sabela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario