A Xunta de Galicia celebra a primeira reunión do grupo de traballo co concello de Vigo co obxectivo de reforzar o acceso á vivenda protexida
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá neste encontro
Infogauda / Vigo
A Xunta de Galicia celebrou a primeira reunión do grupo de traballo co Concello de Vigo co obxectivo de reforzar o acceso á vivenda protexida.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá neste encontro de traballo.
Martínez Allegue valorou positivamente esta reunión, que se levou a cabo nun clima de cordialidade e permitiu presentar os equipos autonómico e municipal que traballarán nos vindeiros meses a prol das medidas necesarias no ámbito da vivenda no Concello de Vigo.
Na reunión de hoxe marcouse a folla de ruta a desenvolver, así como o calendario previsto para o impulso das distintas actuacións no eido da vivenda.
Fixo fincapé na necesidade de acadar o consenso entre ambas administracións, que deberán coordinarse para resolver esta “gran demanda dos cidadáns: a vivenda”. Puntualizou que o fin é favorecer o acceso da sociedade á vivenda, tanto pública como protexida ou libre, en réxime de compra ou de alugueiro.
Tamén se acordou continuar coa coordinación en materia de urbanismo, xa que o Concello está a tramitar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que será aprobado proximamente. Neste sentido, trátase dunha figura fundamental para o desenvolvemento de vivendas no municipio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario