28 de xul. de 2024

TUI

O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE TUI INFORMA Á CIDADANÍA

Respecto ao pacto co equipo de goberno do concello de Tui do PSdeG-PSOE, para levar adiante os presupostos para a cidade de Tui do 2024


Momento da asinatura do acordo 
Foto: BNG de Tui

Grupo municipal BNG / Tui

 Na tarde do martes 23 de xullo, o BNG de Tui asinou, após as negociacións pertinentes, un pacto co equipo de goberno do concello de Tui do PSdeG-PSOE para levar adiante os presupostos para a cidade de Tui do 2024.   

 Os acordos aos que se chegaron son os seguintes:  

 1. O BNG de Tui votará afirmativamente a proposta de orzamentos municipais para este ano 2024, coas modificacións acordadas segundo os puntos marcados nos seguintes apartados.  

 2. O PSOE de Tui comprométese a cambio aos seguintes puntos: 

- Destinarase unha partida para impulsar os trámites en relación aos terreos contiguos ao CEIP Nº 1 de Tui, coa finalidade de dignificar este espazo educativo cun área de recreo adecuada aos tempos actuais. 

- Porase en marcha un plan de mellora de espazos verdes e arborado urbano. Como primeira medida, con partida nestes orzamentos, farase un intervención no Parque Empresarial de Areas, con plantación de arboredo e mellora do mantemento 

- Levarase a cabo unha mellora paulatina dos parques infantís das parroquias, incluíndo tamén partida económica nestes orzamentos, e priorizando estas actuacións, dado o seu estado actual, nos parques infantís do Montiño, Pexegueiro e Malvas. 

- O PSOE comprométese a impulsar os catro puntos do anterior acordo (agosto de 2023), incluíndo partidas nestes orzamentos, para os traballos a realizar no “Bosque de Seoane” (localización de propietarios das diferentes fincas, medición e valoración das mesmas), así como para a modificación do proxecto do edificio de Cam-Fran, para adecuar este ao acordo asinado.  

3. Facer público este acordo nos medios de comunicación e redes sociais para coñecemento da sociedade tudense.  

Tui, 27.07.2024 

Ningún comentario:

Publicar un comentario