29 de xul. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

OS TEIXUGOS GAÑADORES DA III COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE  SLÁLOM EN MONFORTE  


O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento cunha gran representación formada por dezasete nenos e nenas

Informa (fotos e redacción: Rosa Fernández Carrera

 Este domingo, Monforte de Lemos, acolleu a terceira das competicións da Copa Galega de Promoción de Slálom. As augas do río Cabe recibiron a oitenta e cinco pequenos deportistas das catro provincias galegas. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento cunha gran representación formada por dezasete nenos e nenas.  




 A nosa única representante en canoa ou C1 foi Nerea Álvarez, que, na categoría infantil, acadou a medalla de prata.  




 En caiac infantil feminino ou K1, Leila Álvarez gañou a proba, colgándose o ouro, Nerea Álvarez conseguiu o bronce, Beatriz Sánchez foi sexta e Catalina Sánchez, sétima. 

 En infantil masculino, Iván Cruz rematou cuarto; Alejandro Barreiro quinto; Izan Vicente sétimo; Xurxo Ríos noveno; e Leo Álvarez undécimo. 

 


 En K1 alevín feminino medalla de ouro para Rita Olveira. En masculino, Lois Montenegro fíxose tamén coa medalla de ouro e Martín Vicente foi sétimo.    




 Na categoría benxamín só houbo participación masculina, e nova medalla de ouro a cargo de Roque Olveira; Nicolás Piñeiro foi cuarto e Brais Vicente sexto.  



 En K1 pre-benxamín Iria Álvarez gañou na categoría feminina e  Marcos Río conseguiu o bronce co seu terceiro lugar.  

 Impresionantes as categorías máis novas do club con estas oito medallas, cinco delas de ouro. 


 

 Na clasificación final por clubs o Deportivo Miño -Teixugos gañou a proba cun total de 261puntos, seguido do club anfitrión, o Montaña Quixós, con 252 e o Piragüismo Dumbría con 170.   

 A vindeira cita dos Teixugos será histórica, pois, o venres, comezará a súa participación nos Xogos Olímpicos de París, Manu Ochoa. O Teixugo é o primeiro galego en clasificarse para unha proba olímpica na modalidade de slálom.

Ningún comentario:

Publicar un comentario